Dúas décadas de paixón deportivista en Cerceda
lll
17º-23º

Dúas décadas de paixón deportivista en Cerceda

Dúas décadas de paixón deportivista en Cerceda
Viaxe da peña a Pamplona | aec

Usuario

No mesmo mes que o Deportivo facía historia no Santiago Bernabéu conquistando a Copa do Rei do ‘Centenariazo’ ante o Real Madrid (6 de marzo de 2002), en Rodís (Cerceda) un grupo de apaixonados polo clube herculino decidían arrincar como peña oficial do equipo coruñés con ‘A Tablilla’.
 

Con sede no restaurante Golán, esta agrupación atópase de aniversario, gozando dun máis que notable estado de saúde; en efecto, posúen un total de 44 membros pese á crise da pandemia.
 

A maioría dos seus integrantes son socios do clube herculino tamén, se ben a entidade que encabeza Óscar Galán mantivo desde o seu nacemento dous carnés a nome do colectivo cercedense.
 

Nestes vinte anos na estrada, a asociación ‘A Tablilla’ non dubidou en acompañar ao Deportivo tanto no estadio de Riazor coma en viaxes a cidades como Valladolid, Guadalaxara, Logroño, Xixón, Santander, Vigo ou Pamplona.
 

Ademáis de eventos como encontros amigables contra outras peñas de Carballo, a agrupación organizou innumerables actos sociais como comidas e ceas de confraternización —a vindeira está a ser proxectada para setembro—. Entre os retos marcados para a campaña 22-23 sobresaen os desprazamentos a León ou Salamanca.
 

“Á afección do Depor e á nosa peña non se lle pode pedir máis nos últimos anos; esperemos ser máis de 20.000 socios outra vez”, indicou o presidente Óscar Golán.

Dúas décadas de paixón deportivista en Cerceda

Te puede interesar