David Añón: “Ao Talavera vaille custar moitísimo ata decembro”
lll
17º-23º

David Añón: “Ao Talavera vaille custar moitísimo ata decembro”

David Añón: “Ao Talavera vaille custar moitísimo ata decembro”
David Añón, en acción ante o Racing de Ferrol o pasado curso, fará todo o posible por estar mañán en Riazor para presenciar o encontro entre o Depor e o Talavera | aec

Usuario

Criado nas categorías inferiores do RC Deportivo, clube co que chegou a debutar en Primeira División no curso 09-10,  David Añón militou dúas tempadas no rival de mañán do cadro herculino, un Talavera co que experimentou o descenso o ano pasado.


Readmitido en Primeira Federación despois da desinscripción do DUX Internacional, o xogador coruñés desmenuza ao conxunto toledano, que está a sufrir e moito nun peldaño por enriba da división onde debería xogar por méritos deportivos.

 

Cómo te atopas no plano personal, de volta a unha escadra como o Coruxo?
Estame custando este arranque de tempada porque tiven problemas físicos; collín unha infección respiratoria hai dúas ou tres semanas e levo desde entón podendo xogar uns vinte minutos por partido nada máis. Vou pouco a pouco porque non me está deixando o corpo.

 

Nada que ver coa Covid, non?
Nada, é unha infección respiratoria sen máis e xa estou pensando en voltar canto antes.

 

Esperabas que o Talavera fose readmitido en Primeira Federación despois de ter caído ao pozo o ano pasado?
A ver, cando o ano pasado xa estábamos nunha situación moi complicada eres consciente de que hai que seguir traballando porque había clubes en situación delicada e pode pasar de todo. Queríamos estar o máis arriba posible porque podían pasar cousas. O Badajoz, o DUX... houbo problemas de impagos acentuados en varios equipos e ao final a xogada saiulle perfecta ao Talavera, que pode xogar outro ano máis en Primeira Federación.


Podería ter mudado a túa decisión deportiva en caso de saber que o clube competiría na división de bronce?
O certo é que a miña decisión xa estaba tomada de antes, pasara o que pasara. Cando fun para alí a miña intención era botar un ano. Despois ascendemos e renovei outro ano máis pero a idea era voltar. Xa lle comunicara ao clube que eu xa rematara o meu periplo alí.

 

Foi unha mágoa non poder amarrar a salvación o pasado exercicio 21-22...
Si, o equipo tiña moi bos xogadores e moi boa intención; o corpo técnico tamén ilusionaba pero ao final o fútbol ponte no lugar onde mereces estar. Nós non fixemos os méritos suficientes para manter a categoría.

 

Foi unha faena tamén para o adestrador Manuel Mosquera, agora sen equipo...
El xa chegou nunha situación moi complicada para nós; deulle un aire completamente diferente ao equipo no tramo final e nós, como xogadores, non podemos máis que estarlle agradecidos por todo o que nos aportou nos pouquiños meses nos que estivo. Tivo a mala sorte de quedar sen equipo pero paréceme que non tardará en atopar novas oportunidades.

 

Ao propio Talavera estalle custando moito o retorno a Primeira Federación...
Vaille custar moitísimo polo menos ata decembro, cando poida facer un par de retoques. É un equipo configurado para Segunda RFEF e é unha diferencia abismal, non hai color entre as dúas categorías. O que pasa é que son un bloque duro, que se está conxuntando e que pon orgullo para competir, como este fin de semana ante o Fuenlabrada, que non o tivo nada sinxelo para sumar tres puntos porque foi un partido moi disputado.
 

A pasada campaña fostes un rival durísimo para o Depor en Riazor e en El Prado...
É normal, calquera equipo cando xoga contra o Depor experimenta unha sobremotivación, queres gañarlle porque é o mellor equipo da categoría. O Depor vai ter que facer as cousas moi ben ante o Talavera para sumar os tres puntos.

 

Cales son os puntos fortes e febles do Talavera?
Non é doado porque o equipo cambiou moito nun ano. Polos partidos que lle vin semella que lle está custando nas dúas áreas pero sempre compite.

 

O Deportivo, invicto, ten dúbidas neste inicio de ano...
Sigo todos ou case todos os partidos do equipo e hai que ter en conta que estamos comezando. Hai que ser positivos e aínda non perdeu un partido. Ao final saca resultados pese a un xogo que non é espléndido. Faltan pezas por encaixar. Se ascendera o ano pasado este xogo sería perfecto, o fútbol son resultados.

 

Que opinas de Borja Jiménez?
O problema en case que todos os clubes é que hai moi pouca paciencia, a xente cánsase moi cedo do que ve ano tras ano. O primeiro en ser criticado sempre é o adestrador pero eu penso que Borja é moi bo, leva demostrando bastantes anos que vale. Fixo un traballo moi bo o ano pasado, aínda que foi unha pena perder a vantaxe respecto ao Racing. Non é momento a cuarta xornada para cuestionar a un adestrador.

 

Ves favorito ao Deportivo mañán?
Sí, espero e desexo que gañe o Depor, aínda que insisto en que van ter que facer as cousas moi ben para sumar de tres en tres.

 

Vas ver o encontro?
Si, a miña intención é esa. Se podo a ver se me acerco ata Riazor porque hai bastante tempo que non vou.

 

Segues vendo ao Deportivo como favorito ao ascenso?
O Depor e o Córdoba son os dous favoritos ao ascenso; outra cousa é que a vitola de favorito te perxudique.

 

Unha masa social de 22.000 abonados axuda ou presiona?
Toda a xente que ten detrás o Depor solo axuda; a cidade está a morte cos xogadores. l

David Añón: “Ao Talavera vaille custar moitísimo ata decembro”

Te puede interesar