Tonecho Garda: "Decidín volver porque o Laracha é o meu clube de toda a vida"
lll
17º-23º

Tonecho Garda: "Decidín volver porque o Laracha é o meu clube de toda a vida"

Tonecho Garda: "Decidín volver porque o Laracha é o meu clube de toda a vida"
Tonecho (Quintana)

Usuario

Según avanzó este martes Radio Coruña el Deportivo tiene prácticamente cerrado un acuerdo con el Laracha por el que el club rojiverde se convertirá a efectos prácticos en filial del blanquiazul. El conjunto que entrena Manuel Losada 'Chollas' iniciará así un proceso de acercamiento al Deportivo de forma paulatina. Esta campaña ya habrá una colaboración intensa entre los dos clubes. El año que viene, el plan establece que el Laracha se entrene varias sesiones semanales ya en las instalaciones del propio Deportivo en Abegondo. Se alternarían entrenos en A Laracha y la Ciudad Deportiva de Abegondo. A efectos prácticos, el equipo coruñés se convertirá en el Deportivo C, aunque no está previsto que cambie su nombre. El Laracha mantendrá así su vinculación con el municipio. Tonecho Garda, un hombre que dio mucho por el Laracha, regresó al club tras una experiencia en el Silva. El anterior vicepresidente asume funciones de dirección deportiva y prepara la nueva temporada en Tercera División.

Por que decidiches volver?
Porque é o meu clube de toda a vida e porque houbo unha serie e persoas que me chamaron para vo lver. No Silva tratáronme de cen o tempo que estiven alí e cando decidín marchar o equipo xa tiña pouco que facer, tiña os obxectivos cumpridos.

Que Laracha te atopaches no teu regreso?
Non me atopei o Laracha que me gustaría atoparme. As cousas foron cambiando co paso dos meses.

Cando chegaches, o Laracha estaba a nove puntos do segundo.Confiabas no ascenso?
Tiña moitas dúbidas, pero na plantilla hai moitos xogadores que coñecía, falouse con eles largo e tendido e un pouco.

Sempre me gustou ter veteráns pero acompañados de outros con xuventude e ambiciosos

Que tipo de adestrador é Chollas?
Un entrenador do máis traballador que se pode ver. A partir de cada martes comezaba a preparar os partidos coñecendo á perfección o xogo dos rivales, os puntos fortes e os puntos débiles. É unha persoa súper traballadora. Ten bastante man esquerda pero non puido cambiar algunhas cousas porque chegou na segunda volta. O seu traballo é encomiable.

Cal é o teu cometido no Laracha?
O mesmo que antes, traballar coa primeira plantilla, cos xuvenís e cos cadetes. Darlle un relevo a esta directiva coa intención de facer crecer o primeiro equipo e asentarnos na Terceira División, algo que é moi complicado porque o Laracha é un clube humilde e hai que ir paso a paso.

Cal será o obxectivo da próxima tempada?
Asentar o equipo sen pasar apuros. A Terceira é unha competición moi difícil con equipos moi experimentados. Temos que intentar salvar a categoría.

Que tipo de plantilla elaborará o Laracha?
Vai haber un pouco de todo. Sempre me gustou ter entre 7 e 10 veteráns pero sempre acompañados de xogadores con xuventude que teñan gañas, que sexan ambiciosos e que cando salten ó verde salten a comelo.

Algúns fichan xogadores de 1.000 euros; nós con ese cartos temos que fichar catro

Haberá moitas caras novas?
Algunhas novidades haberá porque a Terceira División non é a Preferente. Ogallá puideran continuar todos. Non vou botar a ningún xogador porque eu non os fichei. Falei con xente, pero cada un deles ten que falar co seu clube e dar pasos.

Hai algún renovado ou baixa?
Polo de agora hai dúbidas sobre a plantilla. Ten que estar toda a directiva dacordo para tomar algunha decisión.

Como se presenta o clube en Terceira a nivel económica?
Vai ser prácticamente o mesmo que esta tempada. Sabemos ata onde podemos chegar e cumprimos ó pé da letra con todo o mundo. Non podemos pagar 1.000 euros como fan outros clubes. Nós con esa cantidade temos que fichar cuatro ou cinco xogadores. O presuposto subirase en torno a un 10%.

Tonecho Garda: "Decidín volver porque o Laracha é o meu clube de toda a vida"

Te puede interesar