Pablo Antas Pereiro: "O Somozas é o club máis importante no que estiven"
lll
17º-23º

Pablo Antas Pereiro: "O Somozas é o club máis importante no que estiven"

Pablo Antas Pereiro: "O Somozas é o club máis importante no que estiven"
Pablo Antas, xogador do Bergantiños, conduce o balón ante a presencia de Antonio, central do Villalbés y compañeiro do mediapunta no Somozas | Raúl López

Usuario

Pablo Antas Pereiro (Lugo, 1980), futbolista do Bergantiños, reencontrarase co seu pasado este domingo. O mediapunta verase as caras nas Eiroas co Somozas, o seu anterior club durante o últimas catro tempadas. O talentoso zurdo analiza o seu paso pola entidade verdibranca, fala do partido deste fin de semana e comenta as súas primeiras impresións desde a súa recente chegada ao Bergantiños.

É unha semana especial para ti?
Aínda que non quede ningún xogador do ano pasado é bonito ver a xente que nos tratou tan ben como Míchel, Jorge, Juan...

Que significa o Somozas para ti?
É o club máis importante no que estiven porque pasei moito tempo, vivimos momentos moi bonitos e alí fanche sentir querido e como na casa.

Cres que alí te fixeches futbolista?
En futbolista, non. Pero si é o lugar no que máis a gusto estiven. E non me fun porque non estivese cómodo, senón porque levaba moito tempo alí, estaba cansado de tanto coche desde Coruña e facíase un pouco costa arriba.

Reencontraraste con Míchel Alonso. Que che deu futbolísticamente?
Estiven dous anos con el, un en Terceira e outro en Segunda B, e aprendín moito. É un adestrador que che fai sentir importante e saca moito partido aos seus equipos.

Ves ao Somozas como un candidato ao título?
Este ano non o vin nada. Facer un equipo desde cero non é fácil e necesita un tempo de adaptación. Comezaron algo titubeantes pero é un candidato para estar arriba.

Non queda ninguén do teu paso polo Somozas. Por que marchastes todos?
O meu motivo foi única e exclusivamente o que che comentei. Levaba moito tempo, necesitaba un pouco de aire e xogar máis preto de casa. Non foi unha cuestión de non estar a gusto. Os de fóra supoño que ao baixar de categoría quixeron mirar outras cousas. Para eles era como un escaparate pero non nos fomos por non estar cómodos, nin moito menos.

Como te estás atopando no Bergantiños?
Ben. Custoume empezar un pouco por culpa dunha lesión en pretemporada. Ademais, é un lugar novo, novos compañeiros, facerse a un novo horario de adestramentos, unha superficie diferente, outro estilo... Pero pouco a pouco estoume atopando mellor e ao longo da temporada espero ter cada vez mellores sensacións.

Que che convenceu do Bergantiños?
O proxecto. Se baixaba de Segunda B quería un proxecto para tentar volver. Ademais, estou a 15 minutos porque vivo en Arteixo e o horario tamén me viña ben.

Está o Bergantiños capacitado para o ascenso?
O ano pasado quedaron cuartos e este ano o obxectivo é mellorar iso. Vimos xogadores novos a un grupo que se coñece ben e temos que axustar todo. A nivel de plantel, grupo e club si que está capacitado para subir pero iso require traballo e que os resultados nos acompañen.

Como che senta non ser indiscutible?
Non vou dicir que me agrade pero non me preocupa. Falo co míster e tenta sacar cousas de min ás que non estaba tan afeito. Estou a traballar para facer o que quere de min. El quere que sexa vertical e estea máis nos últimos metros. Estou a traballar para que así sexa e poder contar con minutos.

Non estás xogando demasiado na mediapunta. Como levas xogar escorado a unha banda?
Non me importa xogar escorada á banda. O ano pasado xoguei de mediocentro e en zona centrais pero non me sinto incómodo xogando en banda e entrando cara ao centro. Ás veces entras menos en xogo pero non é algo que me importe.

Que obxectivo che marcas esta tempada a nivel persoal?
Non me marco ningún obxectivo persoal. Quero traballar, facer o que se me pide e acabar sendo importante para axudar ao equipo.

Pablo Antas Pereiro: "O Somozas é o club máis importante no que estiven"

Te puede interesar