Iago Blanco: "Na metade da tempada ninguén daba un peso por nós"
lll
17º-23º

Iago Blanco: "Na metade da tempada ninguén daba un peso por nós"

Iago Blanco: "Na metade da tempada ninguén daba un peso por nós"
Blanco na celebración dun dos seus goles (Redacción)

Usuario

Iago Blanco é, con dez goles, o máximo anotador do Bergantiños no que va de temporada. O dianteiro arteixán valora a reacción do equipo na segunda volta pese a que "moitos non daban un peso por nós".

-Está o Bergan no mellor momento da tempada?
-Por suposto que si. Os resultados así o indican. Levamos 17 partidos seguidos sen perder e dos últimos dez, nove son victorias. É algo moi difícil de conseguir nesta categoría.

-Eres dos que pensa que o equipo xoga peor agora que na primeira volta?
-Peor non. Tal vez si que somos un equipo máis compacto e corremos menos riscos nalgúns momentos dos partidos, pero a chave está en que agora somos capaces de ver portería con máis facilidade e tamén sabemos sufrir sen balón. Somos más efectivos.

-Que significaría non xogar o playoff despois desta remontada?
-Estivemos moitas semanas remando contracorrente e sufrindo resultados inxustos. Agora que fixemos o máis difícil e impensable para moitos, sería un golpe moi duro non poder xogalo.

-E xogalo?
-Para min, ao igual que para outros da plantilla que nunca xogamos un playoff a Segunda B, sería unha experiencia moi bonita da que vamos a disfrutar independientemente dos resultados que se dean. Tamén sería unha alegría tremenda para Carballo xa que hai moitos anos que non xogan un playoff. E por último, se finalmente o xogamos, sería un exemplo máis de que no fútbol non hainada imposible e que calquera mala dinámica se pode cambiar. A metade de tempada ninguén daba un peso por nós.

-De que obxectivo se fala no vestiario do Bergan?
-No vestiario temos a ilusión de xogar o playoff e o que veña a partir de aí benvido será.

-Cantos puntos fan falta para xogalo?
-As matemáticas din que necesitamos 6 puntos máis dos 9 que quedan.

-É posible cazar a Cerceda ou Rápido?
-Si, a clasificación a estas alturas pode pegar un cambio radical dunha xornada para outra. Se o Compos e o Silva conseguen rascar puntos contra Cerceda e Bouzas xa dependería de nós mesmos escalar algunha posición.

Fixemos o máis difícil e impensable para moitos, remamos contracorrente

Aposto polo Fabril campión e Rápido, Cerceda e Bergan xa se verán as posicións

-Como estás a acabar a tempada a nivel físico?
-Mal. Esta temporada xoguei partidos cunha fractura nun dedo, cunha subluxación e con problemas nun aductor, e iso pasa factura. O míster xa o sabe e pídeme que non gaste enerxía en determinadas xogadas que non levan a nada e que me reserve para determinados momentos. Ata agora, xa sexa con goles, asistencias ou participando na xogada de gol, está dando resultado. Igual ca min houbo xogadores que forzaron en partidos importantes que nos levaron a poder disfrutar agora desta situación, como Granada o xeonllo, Iago López o nocello, Borja Facal, Josito... E iso é algo que ten un gran valor.

-Contento co teu rendemento na liga?
-Si, aínda que se non fose por algún contratempo que levei durante a tempada podería dar máis.

-Que catro equipos xogarán a fase de ascenso?
-Apostaría polos catro que estamos agora mesmo. O Fabril campión e as outras tres posicións xa se verá.

-O adestrador Miguel Figueira xa está renovado. Continuará Iago no Bergan?
-Que eu fichase esta tempada no Bergantiños foi principalmente porque o adestrador é Miguel. Estou moi contento cos adestradores, directiva e compañeiros, pero é algo do que xa se falará a final de tempada.

Iago Blanco: "Na metade da tempada ninguén daba un peso por nós"

Te puede interesar