Ha sido el portero del Bergantiños en la Copa Diputación. Cuando tuvo que jugar la pasada temporada por lesiones de Cristopher cumplió a la perfección y en esta pretemporada no fue menos. El que fue guardameta habitual del cuadro carballés el próximo curso está de baja y Bugui, que sufrió la eliminación de su equipo el pasado miércoles en Noia, volvió a dar la cara.
Que sensacións che está a deixar a pretempada?
Bastante boas, tanto a nivel personal como vendo como o equipo.
Cambia algo a preparación desta pretempada con respecto á do ano pasado?
Non, estamos tendo continuidade co traballo do ano pasado, tanto en traballo específico de portería como o traballo co resto do grupo.
Estás xogando os últimos partidos, en que estado físico te atopas?
Polo de agora ben, certo é que aínda estou collendo carga de traballo e ritmo, pero estoume encontrando bastante ben.
En que aspectos está incidir o míster nos últimos días antes de comezar a pretempada?
Un pouco en todo, pero sobre todo na salida de balón, finalización e estratexia a balón parado.
Sempre fastidia quedar eliminado dunha competición e máis se é oficial
Sorprendeu a derrota do Bergantiños en Noia, foi xusta?
Vendo o partido si pode que sorprenda, xa que tanto en ocasións como peso do partido o levamos nós, certo é que en fases do partido nos superou en xogo o Noia, pero por ocasións de cara a portería tivemos nós máis aínda que non houbo fortuna de cara a gol. A falta de cinco minutos para o final non se pitou un penalti claro ao noso favor.
Tivo culpa do gol do Noia o vento?
Pode dicirse que si, a falta iba ben tirada, pero pode decirse que o vento influiu, e moito, en que o balón entrase por onde entrou.
Fastidiou quedar fóra da Copa Deputación?
Sempre fastidia quedar eliminado dunha competición, e máis cando se trata de competición oficial, xa que neste tipo de partidos xogase cunha intensidade diferente a un partido amistoso normal e veñen moito mellor para preparar o inicio de liga. E tamén polo tema económico, xa que é unha competición que xera cartos para o clube.
Que tal se están a adaptar as fichaxes ao equipo?
A verdade é que moi ben, son tres fichaxes de nivel que veñen de xogar en categoría superior e iso vaille aportar moito ao equipo tanto a nivel de grupo como a calidade do equipo.
Que cres que van aportar?
Como dixen anteriormente, subir a calidade do equipo e subir o nivel de esixencia nos adestramentos. No caso de Roberto Baleato, poderío no xogo aéreo e o bo reforzo en labores defensivas xa que tanto pode actuar de mediocentro como central. Pablo Antas é un estilo Jorge Sáez pero en versión zurda, moita calidade e polivalente xa que tanto pode xogar de mediapunta como en banda. Ruben Rivera é gol.
O míster pídeme manter a constancia da pasada tempada
Que lle queda por mellorar ao equipo?
Ser máis contundentes de cara a gol e intentar aguantar máis o balón, xa que en pretemporada estamos levando o peso dos partidos pero se temos pérdidas de balón pode causar problemas no transcurso dos partidos.
Cales son os obxectivos a curto prazo?
Chegar con todos os xogadores dispoñibles para o inicio de liga e pensar en gañarlle ao Villalbés.
Que che está pedindo o míster nesta pretempada?
Manter a constancia de traballo e compromiso da tempada pasada.
Asumes que o Bergan é candidato a ser campión de Terceira División?
Creo que por plantilla deberiamos pelexar por estar o máis arriba posible, polo menos mellorar a clasificación da temporada pasada. Falar de ser campións de liga son palabras maiores, pero non hai nada imposible e seguro que pelearemos por eso, pero sempre indo pasiño a pasiño.
Como está Cristopher?
Pois de momento recuperandose da lesión sufrida fai unhas semanas, pero mellorando notablemente cada día que pasa.