Trinta concellos apostan polas carreiras
lll
17º-23º

Trinta concellos apostan polas carreiras

Trinta concellos apostan polas carreiras
26 abril 2017 Atletismo Un total de treinta ayuntamientos de la provincia de A Coruña acogieron carreras incluídas dentro de la V edición del Circuíto de carreiras populares de la Diputación de A Coruña

Usuario

Un total de trinta concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da V edición do Circuíto de carreiras populares Deputación da Coruña, organizado pola área de Deportes da institución provincial en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

A axenda das competicións, que se estende entre os meses de abril e decembro, contará este ano con dúas carreiras máis polo que ambas entidades esperan acadar nesta quinta edición a cifra récord de 18.000 participantes, superando os máis de 15.000 do ano pasado nas diferentes categorías (benxamin, alevín, cadete, xuvenil, absoluta e veteranos).

Teo, Oroso, O Pino, Frades, Culleredo, Outes, San Sadurniño, Zas, Ponteceso, Carballo, Cee, Curtis, Muxía, Laracha, Cambre, Carnota, Ferrol, A Pobra do Caramiñal, Noia, Ordes, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Sada, Brión, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro, Porto do Son e Fene serán os municipios que acollerán as carreiras en 2017.

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, presentou este mércores o evento e destacou que a Deputación da Coruña "foi pioneira" na posta en marcha dun circuíto provincial de carreiras.

O circuíto comezou o pasado sábado coa VII Carreira 'Batalla de Cacheiras', en Teo, unha proba de 9 quilómetros que gañaron o arzúan Lolo Penas (New Balance) en categoría masculina e Tina Fernández (Urban Runners Santiago) na feminina.

O sábado e o domingo terán lugar as carreiras de Oroso e O Pino, nas que está prevista a participación duns mil corredores nas diferentes categorías que abarcan dende os veteranos aos prebenxamíns.

Trinta concellos apostan polas carreiras

Te puede interesar