Posta de longo dun ilusionante 30º aniversario
lll
17º-23º

Posta de longo dun ilusionante 30º aniversario

Posta de longo dun ilusionante 30º aniversario
29 agosto 2017 Surf Pantín Classic Varias personalidades de política y varios dos surfistas que competirán en Pantín participaron ayer en el acto de presentación

Usuario

A praia de Pantín (Valdoviño) acolleu este luns a presentación da trixésima edición do Pantín Classic, o campionato de surf máis antigo e internacional de cantos se celebran en España, na que participaron representantes das diferentes institucións e empresas que colaboran na organización deste evento deportivo que, do 29 de agosto ao 3 de setembro, reunirá a algúns dos mellores surfistas do planeta.

O acto contou coa asistencia do deputado provincial Bernardo Fernández; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey; a directora xeral de Turismo, Nava Castro; os alcaldes de Valdoviño e Ferrol, Alberto González e Jorge Suárez, entre outras autoridades e representantes das entidades patrocinadoras do evento.

6 días
A praia da localidade de Valdoviño reunirá a algúns dos mellores surfistas do planeta desde o 29 de agosto ate o 3 de setembro

Fernández destacou \“a gran magnitude\” que alcanzou a competición nos seus trinta anos de historia e suliñou que foi unha das pioneiras en \“promover a práctica do surf en Galicia, cando era un deporte moito menos coñecido.

Pola súa banda, Castro destacou a importante repercusión do evento a nivel turístico, e puxo de relevo a importancia de \“coidar e manter o medio ambiente, posto que a natureza é o primeiro motivo polo que os turistas elixen Galicia\”.

Vicente Irisarri, un dos precursores do Pantín Classic e ex alcalde de Ferrol, destacou o longo traballo realizado ao longo destas tres décadas para consolidar a competición coma unha proba de referencia a nivel mundial. \“Nestes anos, pasaron moitas cousas, pero seguen presenten as ondas de sempre\”, afirmou Irisarri, que apuntou que o Pantín Classic tamén serviu para \“unir a mozos de todas as culturas en torno ao mar\”.

Posta de longo dun ilusionante 30º aniversario

Te puede interesar