A nocturna da Torre será unha nova etapa do circuíto
lll
17º-23º

A nocturna da Torre será unha nova etapa do circuíto

A nocturna da Torre será unha nova etapa do circuíto
28 marzo 2017 Atletismo VII Carrera Popular Torre de Hércules Trofeo José Antonio Varela Calviño

Usuario

A sétima edición da proba Torre de Hércules-Trofeo José Antonio Valera Calviño, cuarta cita do V Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, celebrarase este sábado.

Tras pasar polos barrios de Novo Mesoiro, Os Rosales e Matogrante, o Circuíto Coruña Corre achégase a Adormideras e ao bordo litoral de Monte Alto e Cidade Vella. A carreira, que comezará ás 21.00 horas no caso da categoría absoluta, terá a súa meta e saída ao pé da Torre de Hércules e contará cun trazado de 6.675 metros que percorrerá o Paseo Marítimo desde o agra de San Amaro até a rotonda das Ánimas. O peche de control será ás 22.15 horas e, unha vez realizado este, procederase á entrega de premios.

As probas das categorías inferiores (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) sucederanse pola tarde, dende as 17.15 até as 19.20 horas.

Os dorsais para a carreira poderán recollerse no Frontón da Cidade Deportiva da Torre este sábado dende as 11.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha hora das carreiras. O Circuíto Coruña Corre volverá no mes de xuño, co Cross San Pedro de Visma o día 25 e, tras o parón estival, pechará a quinta edición da serie de carreiras coas probas de Oza (a dos tres parques), o 10 de setembro, e do barrio do Ventorillo, que terá lugar o 24 do mesmo mes.

A nocturna da Torre será unha nova etapa do circuíto

Te puede interesar