Jueves 14.12.2017

POLIDEPORTIVO

MUDEGA convoca os Premios Femininos 2016

Os devanditos premios serán entregados no transcurso dunha gala, que se celebrará en Pontevedra a finais de setembro

MUDEGA convoca os V Premios ao Deporte Feminino de Galicia (Redacción)
MUDEGA convoca os V Premios ao Deporte Feminino de Galicia (Redacción)
MUDEGA convoca os Premios Femininos 2016

A Asociación Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) convoca os V Premios ao Deporte Feminino de Galicia e abre o prazo para a presentación de candidaturas da pasada tempada (ano 2016).

Os devanditos premios serán entregados no transcurso dunha gala, que se celebrará en Pontevedra a finais de setembro. Con este acto preténdese lograr que os éxitos do deporte feminino teñan o mesmo recoñecemento que os éxitos masculinos.

O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende onte e finalizará o 1 de setembro, e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo mudega-presidenta@hotmail.com, serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir os galardóns.

Os premios son Deportista feminina, Deportista feminina con discapacidade, Deportista feminina promesa, Adestrador/a do deporte feminino, Equipo feminino, Traxectoria, Árbitra ou xuíza, Directiva/o, Medio de comunicación, Institución pública, Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino e o Iniciativa a prol do deporte feminino.

MUDEGA convoca os Premios Femininos 2016