Fin de curso deportivo en Fene
lll
17º-23º

Fin de curso deportivo en Fene

Fin de curso deportivo en Fene
JUDO - FENE (Concello de Fene)

Usuario

GIMNASIAA Concellería de Deportes organiza para este venres, 16 de xuño, a exhibición das escolas deportivas municipais. A actividade comezará ás 17.00 horas no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) e incluirá demostracións das habilidades adquiridas ao longo do presente curso polo alumnado de baile, ximnasia rítmica, ximnasia artística, iudo, kárate, patinaxe, baloncesto, fútbol sala…

16 DE XUÑO
Exhibición das escolas deportivas municipais

Unha vez rematadas as exhibicións, entregaranse os diplomas a todos/as os/as participantes.


FESTA ACUÁTICA

A piscina municipal de Centieiras acolle este sábado, 17 de xuño, de 10.30 a 13.30 horas, a clausura das Escolas Municipais de Piscina. A Concellería de Deportes anuncia para ese día unha festa acuática na que poderán participar, en diferentes quendas, todos/as os/as alumnos/as das devanditas escolas.

17 DE XUÑO
Clausura das Escolas Municipais de Piscina

De 10.30 a 11.30 horas será a festa acuática para os/as alumnos/as de Escola dePISCI bebés. A continuación, de 11.30 a 12.30 horas, desenvolverase a festa acuática de Escola de 1ª Infancia. E xa por último, a partir das 12:30, será a exhibición e a festa acuática das Escolas de Iniciación e Perfeccionamento Infantil e Xuvenil.

Tamén se anuncia, dende a Concellería de Deportes, que no devir desta xornada de clausura das Escolas Municipais de Piscina entregaranse os diplomas a todos os alumnos/as do curso 2016-2017.

Fin de curso deportivo en Fene

Te puede interesar