Corme e Buño revalidan o título
lll
17º-23º

Corme e Buño revalidan o título

Corme e Buño revalidan o título
El Corme revalidó el título (Criss becerra)

Usuario

O Corme e o Buño en categoría masculina e feminina, respectivamente, proclamáronse campións da segunda edición da Copa da Costa de fútbol praia e ambos revalidaron o título nun areal de Canido, no concello de Malpica, que estivo ateigado durante toda a fin de semana.

O pasado sábado 22 de xullo, era a quen dos equipos masculinos e foron un total de nove os participantes. Na fase de grupos, Cerqueda e Ponteceso impuxeron a súa lei nos grupos A e B gañando todos os partidos que disputaron mentres que no C sería o Corme quen pasaría como primeiro pola diferenza de goles.

Nos cuartos de final todos os encontros disputados resolveríanse con resultados moi axustados. O Cerqueda vence ao Xallas (3-1), o Ponteceso fixo o propio ante o Cabana (2-1) e o Corme e o Buño superasen ao Sporting Seaia e ao Coristanco, respectivamente, na quenda de penaltis.

As dúas semifinais acabarían resolvéndose co mesmo resultado, 4-1. Por un lado, o Cerqueda vencería ao Ponteceso, mentres que o Corme faría o propio ante un Buño que foi de menos a máis.

Na gran final, a igualdade marcou o partido entre o Cerqueda e o Corme pero un gol de Toniño no treito final resolvería a prol dos cormeláns, que revalidaron o título.

En canto aos trofeos individuais, o mellor porteiro foi Eusebio Pena do Ponteceso, e o mellor xogador foi Manuel Torres 'Cholo', do Cerqueda.

O domingo 23 foi a quenda das rapazas, quenes a pesares de que o tempo non acompañou foron capaces de encher o Canido Area dun público entregado á causa. No grupo A, o Corme sería o primeiro clasificado con catro puntos e estaría acompañado nas semifinais polo Sporting Seaia. Mentres que no grupo B, o Buño non daría opción aos seus rivais e acadaría dúas victorias noutros tantos partidos disputados e o Soneira acadaría o pase ás semifinais.

Nas semifinais, o Corme acadaría o pase á gran final logo de vencer pola mínima a un Soneira moi novo, mentres que o Buño fixo o propio que as cormelanas logo de vencer ao Sporting Seaia por 4-1. Na gran final, Corme e Buño disputarían un partido igualado que se decidiu nos minutos finais a prol do conxunto oleiro, o cal revalidaría o título logo de vencer ás cormelanas por 2-4.

Cintia Arijón, do Buño, sería nomeada a mellor xogadora do torneo e Lucía Otero, do Corme, sería a mellor porteira da segunda edición.

Corme e Buño revalidan o título

Te puede interesar