O Concello abre o prazo de inscripción da Coruña 42
lll
17º-23º

O Concello abre o prazo de inscripción da Coruña 42

O Concello abre o prazo de inscripción da Coruña 42
La pasada edición del Coruña42 (Reducción)

Usuario

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, vén de abrir o prazo de inscrición da sexta edición da carreira Coruña42. A proba, coñecida como Maratón Atlántica, celebrarase o próximo 23 de abril, e coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, que forma parte do calendario estatal da Real Federación Española de Atletismo. Coruña42, que se desenvolverá no casco urbano coruñés, presenta un trazado de 42.195 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

Nesta edición, ao igual que na celebrada no 2016, o maratón manterá o seu carácter accesible, tanto ao permitir a participación de deportistas en cadeira de rodas que cumpran as normas do IPC Athletics como polas bonificacións do 50% á hora de formalizar a solicitude de participación para o colectivo de persoas desempregadas, posuidoras de Carné Xove ou maiores de 65 anos.

O trazado do Maratón Atlántica, que terá a súa saída ás 08.30 horas no Cantón Grande, percorrerá o litoral da enseada do Orzán, desde o Aquarium Finisterrae até o Estadio Municipal de Riazor, para dirixirse cara á zona do porto coruñés, onde as e os atletas correrán á beira do mar entre Oza e Ambrosio Feijóo, ata volver aos Cantóns. Serán tres voltas en total a este trazado, de 14.000 metros cada unha, as que conformarán o circuíto.

Unha vez finalizadas as tres voltas, a cola de meta pasará por Ambrosio Feijóo, avenida da Mariña, avenida de Montoto, Porta Real e María Barbeito até chegar á meta, situada un ano máis na praza de María Pita.

O peche da carreira será ás 14.00 horas e, este ano, ademais, establecerase un tempo de 2 horas e 45 minutos para o paso polo medio maratón, na rúa Juana de Vega. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, así como á distancia total, as persoas participantes que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto oficial de competición.

Na cita deportiva Coruña42 poderán participar todas aquelas persoas maiores de 20 anos, e estableceranse as seguintes categorías: Promesa (1995, 1996 e 1997), Sénior (desde 19994) e até sete modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento --desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante--, ademais da categoría de atletas en cadeira de rodas, na que poderán participar persoas nacidas no ano 1997 e anteriores.

Haberá recoñecementos en metálico ­non acumulables­ para as primeiras clasificadas, así como para os primeiros atletas galegos e coruñeses, e trofeos para quen se sitúe no podio de cada categoría. A organización, ademais, outorgará un premio especial de 1.000 euros.

A PROBA DOS 10 KILÓMETROS

Os prazos de inscripción serán os mesmos

O Maratón Atlántica compartirá un dos seus tramos, como vén sendo habitual, cunha proba popular de 10 km. Na carreira de 10.000 metros, que efectuará a súa saída ás 08.45 horas do cantón Grande, poderán participar persoas maiores de 18 anos, e estableceranse as seguintes categorías: Júnior (1998-1999), Promesa (1995, 1996 e 1997), Sénior (desde 19994) e até catro modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento --desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante--, ademais da categoría de atletas en cadeira de rodas, na que poderán participar persoas nacidas no ano 1999 e anos anteriores. Os prazos de inscrición desta proba popular serán os mesmos que na coruña42.

O Concello abre o prazo de inscripción da Coruña 42

Te puede interesar