O Coliseum abrirá o sábado o circuíto Galego de Ránking
lll
17º-23º

O Coliseum abrirá o sábado o circuíto Galego de Ránking

O Coliseum abrirá o sábado o circuíto Galego de Ránking
A proba está organizada pola Escola Garrapucho (Sussy Suárez )

Usuario

O sábado celebrarase no Coliseum a XII edición da Copa Cidade da Coruña, coa participación de máis de 500 deportistas de case 40 clubes galegos, ademais dalgúns de Portugal, Asturias e Zamora.

O torneo, da modalidade de combate e que comezará ás 09.00 e rematará ás 21.00 horas, está dedicado ás categorías infantil, pre-cadete, cadete, junior, absoluta e máster.

Este torneo é o primeiro do Circuíto Galego de Ránking 2017, organizado pola Federación Galega de Taekwondo. O Circuíto deste ano está formado por seis probas: Cidade da Coruña, Cidade de Ourense, Cidade de Riveira, Cidade de Pontevedra, Vila de Moaña, Cidade do Lérez e Open de Moaña, que darán puntos para o Ránking.

BENÉFICA. A Escola Garrapucho terán unha recollida de alimentos para a Cociña Económica

Como todos os anos con ocasión deste torneo, a Escola Garrapucho organiza unha recollida de alimentos a favor da Cociña Económica da Coruña, con 130 anos de existencia, que da de comer aos menos favorecidos os 365 días do ano.

A entrada será gratuíta, polo que a organización anima a todos os participantes no evento a doar alimentos non perecedoiros, que se entregarán a esta institución benéfica ese mesmo día no Coliseum.

O Coliseum abrirá o sábado o circuíto Galego de Ránking

Te puede interesar