Reparto de 849.000 euros por dereitos de televisión
lll
17º-23º

Reparto de 849.000 euros por dereitos de televisión

Reparto de 849.000 euros por dereitos de televisión
Momento do acto convocado (Redacción)

Usuario

Os clubs galegos con equipos en Segunda División B, Terceira División, División de Honor Xuvenil e Liga Nacional Xuvenil foron convocados polo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, a unha reunión en Santiago na que foron informados das cantidades que lles corresponden en concepto do reparto centralizado dos ingresos procedentes dos dereitos audiovisuais das ligas profesionais.

Esta é a primeira vez que a Federación Galega de Fútbol, mediante a Real Federación Española de Fútbol, realiza este reparto que en total alcanza a cifra de 849.000 euros, o que supón sen dúbida unha gran axuda para todos os clubs beneficiados.

Estas cantidades repártense finalmente do seguinte xeito: 44.000 euros para cada equipos de Segunda División B ­incluido o Boiro, que descendeu á Terceira División pola vía administrativa a primeiros de xullo­, 27.500 euros para cada equipo de Terceira División, 6.000 euros para cada equipo de División de Honra Xuvenil ­Santiago de Compostela, Pabellón de Ourense, Val Miñor, Areosa e Alondras­, 2.500 euros para cada equipo de Liga Nacional Xuvenil.

Tamén se suman as cantidades percibidas por dereitos de televisión polos equipos que participaron na Copa do Rei, que a pasada campaña foron o Racing de Ferrol e o Boiro.

Queda pendente un pequeno reparto para os equipos de fútbol sala e fútbol feminino do que se estará pendente desde a Federación Galega.

Ademais, está sen definir aínda o reparto do 1% do total dos ingresos que lle corresponde ás federacións territoriais. Coñeceranse datos oficiais nas vindeiras datas.

Reparto de 849.000 euros por dereitos de televisión

Te puede interesar